Aínda que non dende o punto de vista competitivo, a “II Volta Ciclista ás comarcas de Lugo” comeza mañá a súa andaina coa inscripción oficial dos equipos participantes. O acto terá lugar dende as 17.00 ás 19.15 horas no lucense Hotel Santiago. Seguidamente, ás oito, terá lugar a presentación oficial dos equipos no Concello lucense. Rematará o programa de mañá coa reunión de Directores Deportivos, prevista para as 21.00 horas, novamente no Hotel Santiago. Esta segunda edición da Volta por terras lucenses é posible grazas a organización do Clube Ciclista Cidade de Lugo, o patrocinio da Deputación de Lugo –a través da Vicepresidencia Primeira e a Delegación de Deportes-, de Artesanía de Galicia, Muralla Patrimonio da Humanidade, da Fundación Deporte Galego e Fiat-Lugocar. A lista de apoios complétase coa colaboración cos concellos que acollerán as etapas, como son Ribadeo, Lugo, Cervantes (Os Ancares) e Chantada, así como a Federación Galega de Ciclismo, o Museo Provincial de Lugo e Coca Cola. Novidades
Entre as novidades que presenta esta segunda edición cabe salientar o paso da categoría da proba de 2.12.2 a 2.12.1, o que supón situar o evento na máxima categoría estatal en voltas por etapas. Este ascenso, concedido pola Real Federación Española de Ciclismo, é o resultado do éxito organizativo que se puido vivir na primera edición da Volta. Non menos importante é a presenza dun final en alto inédito nas voltas celebradas en Galicia, concretamente na segunda etapa, que comeza en Lugo e remata nos Ancares, considerado o alto como de 1ª categoría. Outra das novidades destacadas é a incorporación dun novo maillot ós que xa estaban estipulados o derradeiro ano, tratáse da camisola de líder da clasificación dos Sub 21. É dicir, co gallo de motivar e apoiar aínda máis ós ciclistas máis xoves, o corredor menor de 21 anos mellor clasificado na xeral terá o seu premio en forma de maillot.

A Volta en números

Esta “II Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo” contará cun total de 423 kilómetros, contando coas etapas de Ribadeo-Ribadeo (1ª etapa- 142,5 kms.), Lugo-Cervantes (2ª etapa- 140,2 kms.) e Chantada- Chantada (3ª etapa- 141 kms.). Os portos puntuables será un total de oito, dous na primeria etapa (Valadouro -2ª- e Couboeira -3ª), tres na segunda (Costa da Viña -3ª-, Campo da Árbore -2ª- e Pico Os Ancares -1ª-). Na derradiera etapa os ciclistas terán que superar os altos de Paradela -3ª-, Oural -3ª- e San Pedro de Líncora -2ª-. As metas voantes estarán situadas en Burela e Viveiro (1ª etapa), Rábade e Becerreá (2ª etapa) e Sarria e Monforte (3ª etapa).

En canto a participación, serán un total de 18 equipos compostos por 7 corredores, o que supón que na liña de meta estarán 126 ciclistas. Como xa sucedeu na primeira edición, o cartel permite falar dunha proba competitiva e cun alto nivel. Avalan esta afirmación o feito de que entre os participantes figuren tres das escuadras punteiras de Portugal, como é o caso do Credito Agrícola Pombal, o Aluvia-Valongo e o Santa María da Feira-E. Leclerc. A éstos hai que engadir tamén a presenza de equipos de alto nivel chegados de diferentes puntos de España, tal é o caso do UPV Bancaja, o Carmago-Ferroatlántica, o Diputación de León, o PC Manzanillo-Construcciones Paulino, o Contentpolis-Murcia, o Mutua Levantina-Cafemax e o Andalucía-Cajasur. Non menos importante é a presenza da Selección de Rusia. Completan a lista de 18 equipos participantes os conxuntos galegos Artesanía de Galicia-Cidade de Lugo, Renault Caeiro, Cymasa, Chint Autronic, Caixanova, Aluminios Cortizo e Supermercados Froiz.

www.voltaascomarcasdelugo.com



Misschien ook interessant: